En negro contra as violencias: Marcha ciclista

En negro contra as violencias é unha iniciativa na que se implicaron un cento de concellos galegos para conmemorar cunha serie de actividades O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25N).

O pasado xoves, 22 de novembro, o Concello organizou unha marcha ciclista contra a violencia de xénero. Participaron aproximadamente 350 nenos de sexto de Primaria de centros educativos de Narón, entre eles os nosos alumnos. Ás 10:00 horas saíron dos colexios en bicicleta para realizar un percorrido ata o estacionamento do Pazo da Cultura e, desde alí, foron cara ao Auditorio Municipal, onde se lles entregou un avituallamento –a base de froita e auga- e unhas chapas e bolsas promocionais da campaña do 25N. Ás 11:30 horas asistiron á representación da obra teatral infantil Nómades. E voltaron, de novo, ás aulas sobre as 13:00 horas.

O propio día internacional contra a violencia de xénero, o 25N, ás 19.00 horas haberá unha “performance” e batukada na praza da Gándara (fronte ao monumento á muller), organizada en colaboración coa Marcha Mundial das Mulleres.

Post relacionados

Procedemento reclamación cualificaciónsProcedemento reclamación cualificacións

Instrución 2/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2022-2023.