Chegou o día que tanto estabamos agardando!
O 22 de outubro, os nenos de 4º e 5º de primaria, cheos de ledicia, percorremos o tramo naronés do Camiño Inglés a Compostela.
Recibido o avituallamento e a nosa “cuncha oficial de peregrino”, comezamos a andaina dende o mosteiro de San Martiño ata o paseo marítimo de Xuvia, aproximadamente cinco quilómetros.
Colaboraron, como guías, os alumnos en prácticas do Ciclo Superior de Guía, Información e Asistencia Turísticas do CIFP Rodolfo Ucha.
Ao longo da mañá gravouse un vídeo cun “dron” que servirá como material divulgativo do Camiño Inglés ao seu paso polo municipio.
A ruta rematou cun breve concerto de música tradicional galega e coa entrega dun diploma a cada colexio.

Grazas a todos por unha mañá tan inesquecible!
