Plantamos repolos!

O pasado mes, os alumnos de 1º de Primaria fomos á horta do colexio.

[ezcol_1third][/ezcol_1third] [ezcol_1third][/ezcol_1third] [ezcol_1third_end][/ezcol_1third_end]

Ao chegar, colocámonos arredor da horta e as mestras amosáronnos as plantas de repolo e as súas distintas partes: raíz, talo e follas.

Aprendemos moito e puidemos tocalas!

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Logo, coa axuda de Antonio, fixemos un burato na terra, puxemos a planta de repolo nel e enterramos as raíces.

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Agora veremos como van medrando os nosos repoliños.

[ezcol_1third][/ezcol_1third] [ezcol_1third][/ezcol_1third] [ezcol_1third_end][/ezcol_1third_end]

Foi unha experiencia xenial!

Post relacionados

Pedido solidarioPedido solidario

Os estudantes de 2º de Formación Profesional Básica do CPR “Santiago Apóstol” realizaron, durante este primeiro trimestre, un proxecto: “Pedido solidario”, que consistiu en organizar, no colexio, unha recollida planificada de alimentos para colaborar co Banco de Alimentos Rías Altas. Os alumnos distribuíron, por niveis e cursos, unha serie de formularios de pedidos a cada un dos delegados das distintas aulas.

(máis…)