Na tarde do venres 8 de marzo, un grupo de alumnos de 4º de ESO acudiu á Escola Universitaria de Serantes para efectuar unha serie de actividades relacionadas coa robótica e o control automático. Esta xornada está incluida dentro de unha serie de prácticas que se realizarán de forma voluntaria, grazas ao acordo de colaboración asinado o pasado ano coa Universidade da Coruña.





Os rapaces gozaron moito coa sesión. Foron quen de programar a temperatura dun forno co mesmo método que se está a implantar en distintos hospitais para o control da anestesia durante operacións médicas.
