Por segundo ano consecutivo, é unha satisfacción entregar o recoñecemento que se merecen os nosos titores e titoras TEI do curso 2018-19. Ao memso tempo, felicitamos a todos os participantes pola xestión do programa TEI en Primaria.
Énchenos de orgullo ver nas súas miradas a emoción dun acto que foi máis lonxe dos formalismos de entregar os diplomas.
Tanto titores coma titorizados estiveron á altura do momento, un acto cheo de emocións, de recordos dos seus comezos, de como se coñeceran e das dificultades que superaron xuntos. Tamén un acto de autoavaliación persoal e de mirar a un futuro onde non hai despedidas. Todos deixaron un… continuará, e unha porta aberta a seguir fomentado esa amizade que forxaron este ano.
Neste acto intercambiaron cartas, nas que cada un expresaba o que sentía respecto desta nova persoa coa que poden contar. Ambos lados coinciden en que foi un aprendizaxe compartida, e moitos, espontaneamente, quixeron facernos partícipes do que sentían.
Foi verdaderamente emotivo. Sen dúbida, pechar así un curso é todo un luxo.
PARABÉNS A TODOS OS QUE FAN POSIBLE ISTO, EN ESPECIAL A OS NOSOS NENOS!