Happy Halloween in Santiago Apóstol school!

Neste ano tan terrorífico, os alumnos e profes de todos os niveis de Primaria seguimos a celebrar Halloween.

Non fixemos “Trick or Treat” (truco ou trato) non obstante, tivemos sustos e amigos sacados das aventuras de Tim Burton, dende personaxes de Alicia, Jack ou heroes como Batman.

Nas clases, aprendemos vocabulario relacionado con esta festa en inglés. Fixemos sopas de letras, encrucillados, vimos curtametraxes e cantamos cancións.

Ademais, fixemos manualidades como morcegos, postais, monstros… Quedáronnos arrepiantes!

Os alumnos de 4º levaron un móbil para pendurar na casa, no que pintaron debuxos relacionados coa data.

Os de quinto fixeron un tres en raia. Cada un deseñou as súas arrepiantes pezas.

E os de sexto tiveron a tarefa mais difícil. Reconstruíron unha bota de bruxa con perna e todo. Que ben o fixeron!

Foi unha sorpresa moi divertida!

Post relacionados

Pedido solidarioPedido solidario

Os estudantes de 2º de Formación Profesional Básica do CPR “Santiago Apóstol” realizaron, durante este primeiro trimestre, un proxecto: “Pedido solidario”, que consistiu en organizar, no colexio, unha recollida planificada de alimentos para colaborar co Banco de Alimentos Rías Altas. Os alumnos distribuíron, por niveis e cursos, unha serie de formularios de pedidos a cada un dos delegados das distintas aulas.

(máis…)