II Edición premios á excelencia académica

Co fin de premiar a aqueles alumnos dos centros que destacaron non só polo seu expediente académico, senón tamén polo seu esforzo e superación persoal, o compañeirismo e a solidariedade, a CECE Galicia celebrou o pasado sábado, 22 de xuño, no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela (CGAC), (ás 11:00 h.) a segunda edición dos premios galegos de excelencia académica.

Na categoría de educación primaria, resultou premiado o noso alumno Xián Martínez Anllo.

Na categoría de educación secundaria, o premio foi para Jorge Rodríguez Varela.

A intención é non só o recoñecemento aos alumnos galardoados, senón tamén celebrar un acto coa maior visibilidade posible dos nosos centros.

Para a entrega dos premios contouse coa asistencia de Autoridades Académicas da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Parabéns aos premiados e ás súas familias!

Post relacionados

Primeiras instrucións curso 2020-21Primeiras instrucións curso 2020-21

Estimadas familias:

Próximos a iniciar un novo curso, o equipo directivo e os profesores estamos a desenvolver todas as disposicións e ordes (seguindo os protocolos establecidos polas Consellerías de Educación e de Sanidade) para que o regreso ás aulas se realice coa maior seguridade.

Iremos comunicando, a través de Abalar e desta páxina web as pautas que marcarán este curso escolar para ir resolvendo dúbidas e preocupacións.

Esperamos que vos atopedes ben.