Durante este este último mes estivemos a investigar sobre Narón.
Pero… onde está Narón? Onde está A Coruña? E Galicia?…


Narón ten varias parroquias con diferentes lugares con encanto, que moitos de nós non coñeciamos.
Neste proxecto aprendemos sobre os seus servizos, as súas praias, o seu mosteiro, lendas…


Coñecemos os lugares favoritos dalgúns compañeiros e compañeiras.

Canto aprendemos sobre Narón!
A nosa investigación culminou cunha visita á casa do Concello. Alí coñecemos á abella Nara, á policía local e as súas funcións, onde se reúnen e toman decisións os concelleiros… Pero o máis emocionante foi conversar coa Alcaldesa Marián, á que lle fixemos unha entrevista que preparamos os días anteriores.








Moitas grazas a Marián e a todo o persoal do concello por recibirnos e tratarnos tan ben.