O venres día 22 tiñamos a tradicional volta ciclista contra a violencia de xénero, na que participabamos os escolares de sexto de primaria de todos os colexios de Narón, pero o tempo non nos acompañou, así que se suspendeu.
O que si fixemos foi asistir a unha estupenda obra teatral no auditorio de Narón, “O país dos mandóns”. A temática estaba relacionada coa violencia de xénero. Os actores fixérono xenial e incluso nalgunhas partes da obra interactuamos con eles.



Ao rematar, déronnos unha froita e un agasallo que poderemos usar cando vaiamos na bici ou tamén camiñando.


Encántannos estas iniciativas promovidas polo noso concello!