“Ponte na súa pel”
O pasado día 28 de febreiro, os alumnos de 5º de Primaria recibimos a visita de Silvia e do seu equipo de AFAL Ferrolterra.
A actividade comezou cunha breve charla acerca do funcionamento de certas capacidades cognitivas (memoria, atención, linguaxe, etc) e as súas dificultades cando se ven afectadas por este tipo de enfermidade. Posteriormente, involucrouse ao alumnado no circuíto “Ponte na súa pel”, experimentando situacións cotiás que afrontan os usuarios dos centros de día (limitacións na deambulación, dificultades para o vestido autónomo, desorientación espacial, etc) e posibilitando o desenvolvemento de reaccións de empatía.
O circuíto constaba de cinco estacións, dedicadas aos diferentes aspectos que se ven alterados nunha persoa enferma de Alzheimer. En cada unha delas desenvolvéronse unha ou dúas probas relacionadas coas capacidades que se van mermando coa enfermidade do Alzheimer: proba da memoria, da orientación, da comunicación e expresión oral, de habilidades motrices, da percepción e razoamento e de actividades da vida diaria.
Memoria e orientación.
Comunicación: expresión oral e escritura.
Habilidades motrices.
Percepción e razoamento.
Actividades da vida diaria.
Moitas grazas por unha mañá tan divertida e, sobre todo, educativa!