Primeiras instrucións curso 2020-21Primeiras instrucións curso 2020-21

Estimadas familias:

Próximos a iniciar un novo curso, o equipo directivo e os profesores estamos a desenvolver todas as disposicións e ordes (seguindo os protocolos establecidos polas Consellerías de Educación e de Sanidade) para que o regreso ás aulas se realice coa maior seguridade.

Iremos comunicando, a través de Abalar e desta páxina web as pautas que marcarán este curso escolar para ir resolvendo dúbidas e preocupacións.

Esperamos que vos atopedes ben.

Axuda gratuidade 0-3Axuda gratuidade 0-3

A Escola Infantil Santiago Apóstol é beneficiaria da “Axuda para o fomento da gratuidade da atención educativa para segundos fillos e sucesivos en escolas infantís de 0-3 anos de titularidade privada” (Orde do 13 de marzo de 2020) pola que se aplicará unha bonificación do 100% do prezo correspondente á atención educativa prestada entre o 1 de abril e o 31 de decembro de 2020 aos segundos fillos e sucesivos da unidade familiar.