Protagonista: Alejandro Díaz

O noso artista piloto

O mércores pola mañá tivemos a visita do pai de Alejandro, Ildemaro, que nos axudou a coñecer un pouco máis ao protagonista desta semana.


Para empezar, Alejandro contounos a súa experiencia en Madrid. Alí pasou uns días moi divertidos; viaxou en metro e foi a un circuíto de cars.

Na clase amosounos unha foto da súa experiencia no circuíto e un vídeo.

Que ben pilota!

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Tamén nos presentou á súa mascota favorita, o seu dragón cantarín, que o acompaña na cama todas as noites mentres Alejandro dorme, que bonitooo!


Alejandro leunos algúns datos da súa ficha do protagonista da semana e mostrounos un dos seus alucinantes debuxos.

É todo un artista!

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Pasámolo xenial!

Moitas grazas.

Post relacionados