Os alumnos de 5º de Primaria visitamos Santiago de Compostela o 8 de marzo.




Ao chegar, fomos camiñando ata a Catedral, visitamos todas as súas fachadas e a continuación entramos, démoslle unha aperta ao Apóstol e visitamos o seu sepulcro.
Despois fomos ata o Auditorio de Galicia a escoitar e participar nun concerto de música de percusión chamado “Invención”, interpretado por Odaiko Krea.
Ao rematar de xantar visitamos o MUPEGA, tivemos a sensación de retroceder no tempo, alí as guías ensináronnos como eran os xoguetes dos nosos avós e bisavós, onde estudaban, con que recursos contaban…



