“Unha gran patinadora”
Blanca veu ao cole coa súa nai, co seu pai e coa súa mascota, que se chama Estrellita.

Primeiro, ensinounos a mascota. Puidémola tocar e vimos como enche a boca para comer. Resultounos moi gracioso!



Tamén fixemos unha flor reciclada.
Por último, como a gran habilidade de Blanca é montar en patinete, saímos ao patio e ensinounos o ben que o fai. Logo, todos quixemos probar!





Pasámolo fenomenal!
Grazas Blanca e familia!