Protagonista: Mateo

“Mateo o futbolista”

Mateo veu acompañado dos seus pais. Encántalle o fútbol! Grazas a el, aprendeu as bandeiras de España, Portugal, Brasil, Arxentina…  Ademais, ensinounos os escudos dalgúns dos equipos que máis lle gustan. E coñece un montón de xogadores! Tamén nos falou deste deporte: tarxetas amarelas, tarxetas vermellas, fóra de xogo…

Despois fixemos unha medalla. Por último, ensinounos como se adestra e xogamos un pouco ao balón.

Pasámolo xenial! 

Grazas a Mateo e á súa familia.

Post relacionados

Visita de Marián FerreiroVisita de Marián Ferreiro

O alumnado de Infantil está a traballar, no marco do proxecto SEMGAL, sobre diferentes mulleres importantes da nosa bisbarra e comunidade. O obxectivo é retratar a esas mulleres no muro do noso cole.

Os de 6º de Educación Infantil, ao descubrir a obra realizada polo concello que embeleceu o noso muro, ademais dos valores que transmite, escribíronlle unha carta a Marián Ferreiro, alcaldesa de Narón, para pedirlle axuda no seu proxecto, e poder continuar o mural incluíndo ás mulleres que coñeceron durante este curso: Rosalía de Castro, Chelo Loureiro, Ángeles Vilariño, Menchu Lamas

A súa sorpresa foi enorme cando a alcaldesa se presentou no centro para ler a súa carta e poder escoitalos. Emocionáronse moito coa visita.