Un apaixoado do RUGBY
Esta semana, Mateo foi o noso protagonista. Presentounos a súa habilidade, moi descoñecida e motivadora para nós: O RUGBY.
El e os seus pais, María e Marcos, ensináronnos a pelota coa que se xoga a este deporte. Despois, faláronnos de equipos de rugby de distintos países, sen esquecer a federación galega: OS TOXOS.
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
O equipo preferido de Mateo é o dos ALL BLACKS de NOVA ZELANDA. Aprendemos, grazas a eles, A JACA, unha danza impetuosa para asustar aos seus rivais. Encantounos!
Unhas normas básicas, e… a xogar un partido de rugby! Cantas “placaxes”, “ensaios” e “melés”! Pasámolo pipa! Sen esquecer os valores deste deporte: saudarnos e dar as grazas ao acabar o encontro.
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
Para rematar, repuxémonos de tanto esforzo cunhas galletas en forma de balón de rugby.
[ezcol_1third][/ezcol_1third] [ezcol_1third][/ezcol_1third] [ezcol_1third_end][/ezcol_1third_end]
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]