Protagonista: Andrea Mauricio

“Terroríficamente” divertida

Andrea demostrounos que é toda unha experta no mundo Monster High. Para iso, o día que foi protagonista, veu disfrazada,  para a ocasión, da boneca Frankie. Estaba acompañada do seu irmán Jesús, que o fixo de Jackson. Non lles faltou detalle! Trouxeron aos seus respectivos bonecos.

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Andrea ten 25 bonecas de Monster High!, ademais de moitos mobles e complementos. Para compartilo connosco, veu cunhas cantas, e tamén nos ensinou unhas fotos do resto.

Logo, ela e o seu irmán fixéronnos un baile coa canción da serie.

Tanto nos gustou que o tiveron que repetir 4 veces! Algún quixo bailalo.

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Por último, non faltaron lambonadas envoltas nun paquetiño precioso, co símbolo das Monster.

Ensinounos que ser unha “monstruiña” é moi divertido!

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Post relacionados