O noso experto en “superheroes”: Miguel
Miguel veu acompañado dos seus pais e da súa irmá, Elena. Amosounos a súa colección de “superheroes”, os disfraces e o seu dinosauro. Xogamos con eles e probamos os traxes.
Tamén nos ensinou un libro con moitos datos dos grandes superheroes, e Elena leunos sobre algúns.


Despois, repartiu unhas galletas feitas por el e ensinounos a decoralas.
Que divertido! Que rico!



