Unha tarde á italiana
Sergio, na semana na que foi protagonista, levounos de ruta turística por Roma. Acompañárono na súa exposición a súa nai Raquel e a súa irmá Elena.
Empezamos a experiencia vendo unas cantas fotos da súa viaxe familiar a Roma. Quedamos fascinados ao comprobar que estivo en lugares que estudaramos cando falamos dos romanos como: o Coliseo, o Circo Máximo (onde se facían as carreiras).
Que pasada!
Despois, amosounos uns sitios “moi chulos” que visitaron en Roma.
Que o ben que o pasaron!


Como en Roma son moi típicos os xeados artesáns, preparáronnos unha… degustación de xeados artesáns de nocilla e vainilla.
Que delicia!
Non saberiamos cal dos dous elixir!



