Protagonista: Nico Regueiro

Apaixonado polos vehículos

Chegou o fin de curso, e con el rematan as demostracións dos protagonistas de cada semana.

O último en compartir connosco os seus gustos e afeccións foi Nico. Veu acompañado da súa mamá Vanesa contounos que é un apaixonado dos vehículos, sobre todo do seu novo tractor corta céspede.

Encántalle montarse nel e axudar ao seu papá a cortar a herba na casa da súa avoa. Tamén lle gusta moito a bicicleta; vímolo nunhas fotos que nos ensinaron.

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

E, seguindo coa súa afección aos vehículos, ensinounos o seu xoguete favorito: Un autobús con luz e música que lle regalou a súa avoa!

Por último, regalounos un coche a cada un de nós.

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Grazas Nico.

Pasámolo xenial!

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Post relacionados

8M Día da muller8M Día da muller

Aproveitando os proxectos iniciados no mes de marzo na etapa de Infantil, cada curso investigou acerca de mulleres importantes en diferentes ámbitos. Os alumnos de 3 anos investigaron artistas participantes no museo ao aire libre das Meninas de Canido, no curso de 4 anos indagaron sobre inventoras galegas, e en 5 anos coñeceron mulleres pioneiras.

(máis…)