Un gran experto en dinosauros
Thiago, o protagonista desta semana, veu cos seus papás, Yoli e Adrián. Demostrounos todo o que sabe dos dinosauros.

E, coa axuda da súa nai, explicounos o que mais destaca de cada un.
Tamén nos contou, a través dun mural precioso, os seus gustos, características e afeccións.

Thiago quixo contarnos aínda máis cousas dos “dinos”, e amosounos un libro onde non faltaba ningún detalle.

Por último, a cada un, regalounos un paquetiño cun “sugus” e un dinosauro.

Grazas Thiago e familia por unha tade moi xurásica!
