Paixón pola maquillaxe

Valeria foi a protagonista da semana. Ensinounos os seus gustos e habilidades acompañada do seu papá Darío e da súa mamá Vanesa.

A súa mamá é perruqueira. A Valeria entusiásmalle este mundo. Por iso, cargada cunha chea de pinturas e accesorios, veu disposta a cambiar de “look” ao seu papá.

A verdade é que o fai moi ben e deixouno “monísimo”.

Logo, con axuda da súa mamá, maquillounos a varios de nós.

Por último, amosounos unhas fotos, onde nos explicaba outra faceta que se lle dá fenomenal e que lle encanta: recoller cogomelos!

Pasámolo de marabilla!