Protagonista: Xoel

O noso especialista en orcas, baleas e tiburóns.

Esta semana o noso protagonista foi Xoel. Veu, ao cole, acompañado da súa nai e do seu irmán Eric.

Tróuxonos orcas, baleas, tiburóns e outros animais mariños de xoguete que puidemos tocar e manipular. Comparamos diferenzas e semellanzas entre varios animais mariños.

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Xoel ensinounos unhas fotos da súa experiencia no Oceanografic de Valencia e no Loro Parque de Tenerife. O vídeo no que nos amosaron un espectáculo de Orcas do Loro Parque e outro de tiburóns encantounos!

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Xoel, coa axuda da súa nai, contounos un conto moi bonito co que aprendemos moito.

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Pasámolo xenial!

Moitas Grazas!

Post relacionados

O noso período de adaptaciónO noso período de adaptación

Aquí vos deixamos un pequeno resumo dos nosos primeiros días no “cole de maiores”. Non vos desilusionedes se os vosos fillos e fillas saen poucas veces, pois non a todos e todas nos gusta saír e posar nas fotos por igual, mais todos e todas somos unha peza moi importante deste gran puzzle que formamos no equipo da nosa aula.

Esperamos que vos guste ver os nosos primeiros pasiños nesta gran aventura!