Estudantes e docentes do ciclo superior de Hixiene bucodental do IES Leixa de Ferrol visitáronnos, o pasado día 11 de abril, para impartirlles aos alumnos de 6º de Primaria dous talleres de hixiene dental e hixiene das mans.
Estas actividades de saúde son posibles grazas ao acordo de colaboración que manteñen o IES Leixa e o Concello de Narón.

