X Xornadas de orientación de Ferrol

O pasado 4 de marzo os alumnos de 4º da ESO e de 1º e 2º curso da FPB asistiron ás Xornadas de Orientación Académico – Profesional de Ferrol, celebradas no auditorio e no conservatorio de Caranza.

Recibiron información sobre algúns dos graos que se poden cursar nas universidades galegas. E tamén contemplaron as distintas ofertas de Formación Profesional de Ferrol e bisbarra.

Como novidade, os nosos alumnos de FPB participaron activamente cun mostrador no que lle amosaban ao público, dun xeito lúdico mediantes xogos e diferentes actividades, en que consisten estes estudos e as saídas que teñen.

As fotos ilustran algúns dos momentos da xornada.

Post relacionados

Saída ao concello de NarónSaída ao concello de Narón

Fonte: A Voz de Galicia

O día 25 de xaneiro, os alumnos de 4º da ESO acompañados polo director, Julio, e a titora, Conchi, asistiron a diferentes actividades no concello de Narón: Visita guiada da exposición sobre o holocausto na biblioteca municipal. E, a continuación, Cerimonia das candeas no salón de plenos do concello.