Best WordPress Theme based on Material Design - Materialize is a freemium WordPress theme developed by myThem.es

MM

1ª Xornada de convivencia

por MM

O venres, 12 de abril, celebramos a primeira xornada de convivencia do noso colexio. Foi un día entrañable e diferente no que os nenos realizaron diferentes obradoiros compartindo tarefas, xogos, diversión e amizade. Ao remate da mesma, preguntáronnos se para o vindeiro ano se repetiría porque o pasaran moi ben.

Ler Máis
Concurso de videopoemas

Concurso de videopoemas

por MM

Un grupo de alumnos de 4º de ESO acudiu a Lugo, o sábado día 11, para recibir o diploma de finalistas no III Concurso de videopoemas, organizado pola Casa Museo Manuel María. Gozamos dunha xornada moi agradábel durante a que se proxectaron os vídeos finalistas; e tamén coñecemos un pouco máis sobre a vida deste gran poeta e defensor da nosa lingua.

Ler Máis
Contra o acoso escolar

Contra o acoso escolar

por MM

Alumnos, profesores e demais membros da Comunidade Educativa non queremos ser cómplices do acoso, nin das inxustizas, non queremos gardar silencio.

Por iso, o 2 de maio, día internacional contra o acoso escolar, falamos e expresamos os nosos desexos de erradicar esta situación. Plasmámolo neste vídeo.

Ler Máis
Xornada cutural en Santiago

Xornada cutural en Santiago

por MM

Os alumnos de 1º da ESO gozaron dunha fantástica xornada cultural en Santiago. Primerio, visitaron o MUPEGA onde viron exemplos de distintas aulas históricas dos colexios galegos. Despois, visitaron a exposición itinerante de Leonardo da Vinci, e manipularon moitos dos inventos deste xenio do Renacemento.

Ler Máis