Happy Halloween!

De novo, celebramos a véspera de Todos os Santos. Este ano, ambientamos a entrada do colexio baseándonos na película de debuxos animados: “Coco”

Dende primeiro a terceiro de Primaria, os nenos buscamos bruxas, esqueletos e outros monstros polo cole para facer o “trick or treat” e así, conseguimos ollos de chocolate e caramelos.

Estaban boísimos!

Ademais, fixemos murais, debuxos, máscaras, sopas de letras, encrucillados, recortables e tarxetas de Halloween. Ata nos pintaron a cara de arrepientes esqueletos e Frankeinsteins.

Os de cuarto fixemos unhas máscaras parecidas ás catrinas mexicanas.

Os de quinto convertémonos en protagonistas da película coas caretas dos personaxes principais.

Os de sexto, ademais de axudar a decorar, levamos a cabo un “break out”. Tiñamos que ir pasando probas e descifrando códigos para atopar os cinco ingredientes e desfacer o feitizo.

Estivemos moi entretidos e fomos moi habilidosos!

Post relacionados

LondonLondon

Os alumnos de Primaria teñen moito interese pola vida e cultura inglesa, especialmente pola cidade londinense. Así que, como era moi difícil ir de viaxe ata alí, decidimos traela ao noso cole. O primeiro que fixemos foi ubicarnos xeográficamente e aprender símbolos relacionados como a súa bandeira “union Jack”.

(máis…)