O venres, 12 de abril, celebramos a primeira xornada de convivencia do noso colexio. Foi un día entrañable e diferente no que os nenos realizaron diferentes obradoiros compartindo tarefas, xogos, diversión e amizade. Ao remate da mesma, preguntáronnos se para o vindeiro ano se repetiría porque o pasaran moi ben.
Os máis pequenos fixemos xogos cooperativos e pasámolo xenial.
Con bólas e aros moito corremos e brincamos.
E xa pintadiños, que guapos quedamos!
Os “xogos de mesa” sempre son moi entretidos e con amiguiños moito máis divertidos.
Ollo coa “ola” porque se te despistas perdes a bóla.
Pistas e máis pistas e non achamos “o tesouro”.
Ler e pensar, probas que pasar, retos que superar para a meta chegar e a “xincana” rematar.
Despois de tanta intriga, animámonos con “zumba”, movo por aquí e movo por alá.
É hora de relaxarnos. Con “ioga” concentrámonos.
E como estamos centrados, ao “tres en raia” probamos.
Despois de tanto cavilar, algo haberá que descansar e o “cine” é un bo lugar.
Chegoulle o turno aos “xogos tradicionais”. Un pouco de movemento e con picardía coller asento. Un, dous, tres, zapatiño quieto es; móvome e non me ves.
“Traballos manuais” teremos e as pedriñas decoraremos; despois, algún agasallo faremos.
Realizamos bonitas e orixinais “construcións”. Que ben traballamos en equipo!
Cantos obxectos para “encher a mochila”: uns a gardar, e outros a baleirar; este é o conto de nunca acabar.
E, para rematar, todos xuntos no “karaoke” imos cantar e bailar.
Coas novas tecnoloxías tamén o pasamos ben. Facendo o “kahoot” comprobamos o que sabemos, e sen perder tempo resolvemos.
Xa todo está a piques de rematar, pero antes nos “inchables” queremos saltar e coas pantallas interaccionar.
Esta xornada chega ao final e, despois dunha mañá moi entretida, toca gozar da “comida!”.
Na vindeira “xornada” contamos con todos.
Grazas pola vosa participación!