Posposto o inicio do curso

A Xunta pospón o incio do curso na ESO e en FP Básica.

Co novo calendario mantense a distribución por cursos no inicio escalonado. Así, os alumnos de 1º e 2º da ESO, que inicialmente comezarían as clases o vindeiro mércores 16, farano o mércores 23; mentres que os de 3º da ESO, que volvían ás aulas o xoves 17, regresarán finalmente o xoves 24. Os estudantes de 4º da ESO e FP Básica, que comezarían as clases o venres 18, farano o venres 25.

Máis información…

Post relacionados

Admisión 2019-2020Admisión 2019-2020

Aportación de documentación

Rematado o prazo de entrega de solicitudes para a escolarización do ano académico 2019-2020, informamos de que aquelas persoas que solicitaron praza para o 4º CURSO de Educación Primaria deberán entregar na Secretaría a documentación dos criterios alegados na solicitude para proceder á baremación, xa que se presentaron mais solicitudes que prazas se ofertan.

Prazo: do 25 de marzo ao 5 de abril (incluído)

(máis…)