O ornitólogo da clase!
Martín, no seu día como estrela, mostrounos moitas cousas sobre as aves, en concreto dos papagaios.
Coa axuda dos seus pais, ensinounos cómo nacen, qué comen, tipos…
Vimos que teñen grandes habilidades: xogar ao baloncesto, cantar, falar…
E, unha curiosidade, as pipas son lambadas para eles, e só as poden comer esporadicamente.
O seu yaco de rabo vermello chámase Newton.
Ten só seis meses, e gústanlle os agarimos.