A Xunta pospón o incio do curso na ESO e en FP Básica.
FP Básica: admisión e matrícula 2020/21
- Presentación de solicitudes: Desde o día 1 ao 11 de setembro ás 13:00 h
- Listaxe de alumnado admitido e non admitido: 14 de setembro
- Reclamación á listaxe: 15 ao 16 de setembro
- Matriculación: 14 ao 21 de setembro
- Documentación:
- Anexo I (ED522A)
- Copia do DNI ou NIE.
- Comunicación de incorporación á Formación Profesional Básica segundo o anexo IV, no caso de alumnado que foi proposto polo equipo docente con 15, 16, ou 17 anos.
- Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola reserva para persoas con discapacidade.
- Comezo das clases: 25 de setembro a partir das 8:15 h, segundo o horario publicado na web
Formación COVID-19
Infografía volta ao cole
Incorporación gradual dos alumnos para o curso 2020/21
1. O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil e 1º, 2º e 3º de educación primaria.
2. O día 11 de setembro 6º de educación infantil e 4º, 5º e 6º de educación primaria.
3. O día 23 de setembro 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria.
4. O día 24 de setembro 3º de educación secundaria obrigatoria.
5. O día 25 de setembro 4º de educación secundaria obrigatoria e formación profesional básica.
Primeiras instrucións curso 2020-21
Estimadas familias:
Próximos a iniciar un novo curso, o equipo directivo e os profesores estamos a desenvolver todas as disposicións e ordes (seguindo os protocolos establecidos polas Consellerías de Educación e de Sanidade) para que o regreso ás aulas se realice coa maior seguridade.
Iremos comunicando, a través de Abalar e desta páxina web as pautas que marcarán este curso escolar para ir resolvendo dúbidas e preocupacións.
Esperamos que vos atopedes ben.