Protagonista: Alba

“Alba a ximnasta”

Alba veu acompañada da súa nai, a súa irmá, a súa curmá e unha amiguiña. A gran habilidade de Alba é facer ximnasia rítmica. Así que marchamos ao ximnasio!

Ao igual que nas súas clases de ximnasia, fixemos exercicios para quentar os músculos e logo ensinounos algúns pasos: reviravoltas, estrelas, pontes…

Encantáronnos!

Por último, fixemos un pingüín e puxémoslle bufanda e gorro xa que vai moito frío.

Grazas Alba e á súa familia.

Pasámolo bomba!

Post relacionados