Álex o noso adestrador e futbolista!
Álex foi o protagonista da semana do 27 de xaneiro ao 2 de febreiro. Veu acompañado dos seus papás, Silvia e Ángel.

A tarde comezou cunha pequena exposición de fotos da vida de Álex, da súa familia, das súas afeccións e do seu equipo de fútbol.
Amosounos como deseña as estratexias na súa pizarra.

Pero como o deporte é mellor practicalo que velo, no ximnasio realizamos un auténtico adestramento de fútbol.
Fixemos equipos por sorteo e xogamos un partidiño rápido.

Importante: despois de xogar hai que estirar para evitar lesións!
Como o fixemos tan ben e participamos tanto, Álex deunos unha medalla para cada un!
Moitas grazas Álex e familia!
