Tarde de ritmo e diversión!
Chegou a quenda de Martín, que veu acompañado de parte da súa familia.
A tarde empezou movidiña. Martín fíxonos unha demostración de como se toca a batería.
Vaia ritmo!
Despois, algúns compañeiros tamén comprobaron o seu ritmo baixo a atenta mirada de Martín.


Para relaxarnos un pouco, fixemos diferentes actividades por mesas. O tempo pasou voando!




Para finalizar a tarde Martín e a súa familia convidáronnos a comer larpeiradas e sándwiches de “nocilla”.
Que rico todo!

