Tarde de manualidades
Esta semana, Julia foi a nosa protagonista. Veu coa súa mamá Amaya, disposta a demostrarnos as cousas tan bonitas que saben facer.
Primeiro, ensinounos un vídeo que gravaron na piscina de Caranza, onde vai a clases de natación.
Que ben que nada, e como se tira desde o trampolín!
Logo, amosounos que é unha gran artista. Cargada cun maletín, no que tiña todo o necesario para facer as nosas medusas, dispúxose a ensinarnos o proceso; e quixeron que todos aprendésemos a facela.
A todos nos encantou pintalas con rotuladores, botarlles purpurina e pegarlle olliños.
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
A verdade é que nos quedaron xeniais!
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
Foi unha tarde “superdivertida”.
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]