Nai de bonecas e gran bailarina!
A semana do 11 ao 17, Paula foi a estrela. O xoves veu acompañada da súa nai Noemí, e demostrounos as súas habilidades.
Primeiro, presentounos á súa boneca favorita: “Luna”. Ensinounos como a coida, como lle dá de comer, como lle cambia o cueiro e moitas cousas máis.
Despois, tamén nos contou que lle encanta bailar. E decidimos bailar todos xuntos unha das súas cancións favoritas.
Pasámolo xenial!
Moitas grazas, Paula e familia!