Happy St. Patrick’s Day!

Como cada 17 de marzo, un ano máis, celebramos o patrón de Irlanda.

Cos pequenos traballamos vocabulario típico desta data, aprendemos as cores da bandeira e fixemos varios traballos manuais: crebacabezas, debuxos, postais, coroas…

Cos maiores fixemos unha búsqueda das moedas douro que escondera o “leprechaun”. Atopáronas seguindo varias pistas e facendo diferentes probas. Gran traballo en equipo! Ademais, enxeñamos un xogo novo onde encestaban a moediña na cabeza do trasno irlandés.

Tamén revisamos os adxectivos positivos e cada raio do arco da vella contiña un, dedicado a un compañeiro. Quedaron ben bonitos e estaban moi intrigados por saber quen fora o que lles escribira.

DESEXAMOS QUE TIVERADES UN “HAPPY ST. PATRICK’S”
E AGARDAMOS CON ANSIA O SEGUINTE…

Post relacionados

O son do arO son do ar

Os alumnos de sexto de Primaria, o día 9 de xaneiro, fixemos unha saída de aula aberta ao parque eólico de Sotavento, situado na Serra da Loba. Chamounos moito a atención que este parque estea entre as provincias de Lugo e a Coruña. VAIA LÍO!

(máis…)