Protagonista: Alicia

“A nosa experta en felinos”

Alicia veu acompañada da súa nai e do seu gato Vincent.

Aínda que ten catro gatos, o afortunado foi este gato bosque de Noruega. Alicia contounos moitos aspectos dos gatos: como poden ver de noite cos seus ollos, como caen de pé, os coidados que necesitan… Despois, por quendas, tocámolo, peiteámolo e mimámolo.

Xogamos ao gato e o rato. Finalmente, fixémolo tan ben que nos regalaron un chocolate de mariquiña e unha lambetada en forma de gato.

Grazas familia por unha tarde tan felina!

Post relacionados

1ª Xornada de convivencia1ª Xornada de convivencia

O venres, 12 de abril, celebramos a primeira xornada de convivencia do noso colexio. Foi un día entrañable e diferente no que os nenos realizaron diferentes obradoiros compartindo tarefas, xogos, diversión e amizade. Ao remate da mesma, preguntáronnos se para o vindeiro ano se repetiría porque o pasaran moi ben.

(máis…)