Sara deixas unha pegada tan forte no noso corazón que che queremos facer unha homenaxe moi sentida dende a que foi a túa segunda casa dende pequena, o noso colexio.
Destacabas pola túa fortaleza, por ser decidida, e polo sorriso que sempre amosabas neses olliños pícaros que falaban sós. Traballadora incansable. Ansiosa por aprender, e disposta a axudar e a animar aos demais. A túa madurez, gratitude e bondade eran incribles.
Malia a túa curta idade, fuches un exemplo para todos os que tivemos a sorte de coñecerte e de compartir tempo contigo. Aprendamos de ti e miremos ao futuro con alegría.
NON TE ESQUECEREMOS NUNCA!
SEMPRE VIVIRÁS NOS NOSOS CORAZÓNS, SARIÑA!