CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro e IES de Leixa

O pasado día 13 de febreiro, os alumnos de 1º e 2º de FPB e algúns alumnos de 4º de ESO, acompañados polos seus titores e pola orientadora, visitaron o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro. Alí recibiron información dos ciclos medios de Sistemas Microinformáticos e Redes, Actividades Comerciais e Xestión Administrativa, entre outros.

A continuación, desprazáronse ao IES de Leixa. Coñeceron a súa oferta educativa e visitaron os seus talleres de Preimpresión Dixital, Impresión Gráfica, Farmacia e Parafarmacia.

Estas visitas inclúense no Programa Académico Profesional do Departamento de Orientación, ao igual que as charlas ofrecidas, con anteriorioridade, por parte da orientadoradora do IES Terra de Trasancos e a información facilitada polo IES de Telleiras.

Post relacionados

Pedido solidario 2018Pedido solidario 2018

Os alumnos de 2º de Formación Profesional Básica do CPR “Santiago Apóstol” realizaron, durante o mes de decembro, o proxecto: “Pedido solidario”, que consistiu en organizar no colexio, unha recollida de alimentos en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas de Ferrol.

(máis…)