“Especialista en xogos”
Nora veu acompañada da súa nai e da súa avoa. Ten moitas habilidades: facer traballos manuais, practicar xogos de mesa e patinar.

Puxémonos “mans á obra” e fixemos un papagaio.
Quedounos xenial!


Logo xogamos ao twister, o preferido por Nora.

Rimos moito!



Por último, puxo os patíns e ensinounos o ben que sabe patinar.

Pasámolo fenomenal!



Grazas a Nora e á súa familia.