Os estudantes de 2º de Formación Profesional Básica do CPR “Santiago Apóstol” realizaron, durante este primeiro trimestre, un proxecto: “Pedido solidario”, que consistiu en organizar, no colexio, unha recollida planificada de alimentos para colaborar co Banco de Alimentos Rías Altas. Os alumnos distribuíron, por niveis e cursos, unha serie de formularios de pedidos a cada un dos delegados das distintas aulas.
Os nenos e nenas de quinto de Primaria fomos, en bicicleta, o día 20 de novembro visitar o museo da policía de Narón.
Durante o mes de novembro estamos a elaborar un proxecto sobre ALIMENTACIÓN, polo que participamos nun obradoiro de nutrición saudable.
Outro ano máis agardamos a chegada do 31 de outubro para celebrado! Decoramos os corredores, as aulas e a entrada do cole.
Tendo en conta que mañá é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os alumnos de Educación Secundaria da materia de EPV (Educación Plástica, Visual e Audiovisual), participaron dun vídeo relacionado co tema.
O pasado mércores, 8 de novembro, todos os alumnos de primaria do noso colexio acudiron ao pazo da cultura de Narón. Alí, vimos a obra de teatro infantil titulada: “Lúa”. Grazas ao Concello por fomentar esta gran ferramenta educativa.